O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiron á inauguración da exposición «Florencio Delgado Gurriarán. Bebedeira de ensoños» no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Representantes dos ministerios de Educación e Cultura dos países que integran o Sistema de Integración Centroamericana (SICA) asinaron un acordo en Panamá para potenciar o estudo e protección das linguas indíxenas da rexión centroamericana.
Fonte: Prensa Latina
O día 5 de maio, un total de 50 países de todo o mundo celebran a terceira edición do Día Mundial da Lingua Portuguesa con iniciativas culturais de diferente índole.
Fonte: Dnoticias
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) na Xornada do Día das Letras Galegas, destinada a darlle a coñecer ao profesorado de Primaria e Secundaria aspectos vitais e literarios do autor homenaxeado este ano, Florencio Delgado Gurriarán.
O alumnado de primaria dos centros educativos redondeláns participará nos obradoiros “Camiños da Lingua” que se impartirán o 12 de maio. Trátase dunha actividade didáctica, lúdica e participativa que busca ensinarlle diferentes aspectos relacionados co galego (vocabulario, cantigas, refráns etc.).
Fonte: Faro de Vigo
O futuro decreto de capacitación lingüística, que regulará o nivel de coñecemento de valenciano necesario para o acceso á Función Pública, suporá unha boa oportunidade para incorporar esta lingua ao mesmo nivel que o castelán.
Fonte: Generalitat Valenciana
En 2022 fanse 75 anos da estrea do Galician Programme, un espazo radiofónico, emitido pola BBC de Londres, conducido polo locutor Alexandre Raimúndez e no que ata 1956 participou un gran número de colaboradores principalmente con contidos culturais.
Fonte: Culturgagalega.org
O Centro Cultural Irlandés de Hammersmith, en Londres, organiza Scannán, un pequeno festival que quere celebrar o éxito do cinema feito en gaélico irlandés.
Fonte: The Irish World
Unha década despois de aprobar a lei que oficializa constitucionalmente a lingua bérber ou amazigh, Marrocos comeza a introducir o seu uso en institucións como o Parlamento e as administracións públicas.
Fonte: El Diario
O evento terá lugar en Palma, no marco do Mallorca Game, a convención de videoxogos máis grande celebrada en Baleares. Poderán visitala persoas de todas as idades, usuarios habituais de videoxogos e persoas que queren descubrilos.
Fonte: Ara Balears
Boletín
Subscríbase ao boletín




