Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    29 de abril de 2022

    A lingua kawésqar é felada unicamente por 8 persoas no sur de Chile. O etnolingüista chileno Oscar Aguilera está tentando salvala da desaparición rexistrando o vocabulario e gravando arquivos de son.

    Fonte: BBC

    29 de abril de 2022

    A Universidade de Leeds comezou a traballar nun proxecto que pretende analizar polo miúdo e protexer a gran variedade de dialectos que existen en Inglaterra. A idea é facer uso do importante arquivo sobre a lingua inglesa que existe na universidade.

    Fonte: The Guardian 

    28 de abril de 2022

    A xornada Euskara langai, organizada polo Goberno de Navarra, ten como obxectivo fomentar o uso do éuscaro no ámbito socioeconómico e mostrar experiencias de éxito na Comunidade Foral.

    Fonte: Gobierno de Navarra

    28 de abril de 2022

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á presentación da oitava edición de “Mondoñedo é poesía” no Pazo de San Roque.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    28 de abril de 2022

    Este concurso, organizado pola Plataforma per la Llengua, ten como obxectivo promover o uso do valenciano en TikTok, a rede social máis popular entre a xente nova, así como impulsar novos talentos nesta lingua.

    Fonte: 20minutos

    28 de abril de 2022

    Baixo o lema «Fálame!», o Correlingua percorrerá máis de vinte centros educativos das catro provincias de Galicia para reivindicar o uso do galego en todos os contextos sociais.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    28 de abril de 2022

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou dous dos documentais producidos ao abeiro do Fondo de Proxectos culturais Xacobeo 2021-2022, un sobre a figura de Vicente Risco e outro sobre o traxe galego.

    27 de abril de 2022

    A Comisión de Asuntos Galeses no Parlamento do Reino Unido está intentando fortalecer o perfil turístico do País de Gales e ditaminou que a lingua e a cultura galesas son dous activos esenciais para o seu desenvolvemento turístico.

    Fonte: Museums Association

    27 de abril de 2022

    O presidente de Bolivia, Luis Arce, aprobou a Lei que declara o período 2022-2032 como o Decenio das Linguas Indíxenas en consonancia coa ONU e que busca protexer e fomentar as linguas nativas do país andino.

    Fonte: Noticias ONU

    27 de abril de 2022

    A través deste novo espazo web poderase acceder aos proxectos e recursos impulsados por este centro que busca xerar un intercambio e diálogo de materiais relacionados co proceso de normalización do galego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder