Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    25 de marzo de 2022

    O BOP da Coruña publicou a Ordenanza de uso social da lingua galega do Concello de Ares, que inclúe as obrigas e as liñas de actuación que rexerán os usos lingüísticos desta entidade.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    25 de marzo de 2022

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na rolda de prensa para presentar o I Premio de Literatura Infantil «Simbad para o Recordo e o Alzhéimer», convocado pola asociación Agadea Alzhéimer co apoio da Xunta entre outras institucións.

    24 de marzo de 2022

    Solicitaranlles nunha reunión á ministra de Educación e Formación Profesional e ao secretario de Estado de Educación a aprobación da Especialidade Docente para o profesorado de Asturiano.

    Fonte: Onda Cero

    24 de marzo de 2022

    O instituto HABE iniciou un novo proxecto, INGURA, un contorno dixital para a euscaldunización de persoas adultas, a través do que ofrecerá un método en liña para que poidan aprender éuscaro de forma guiada en calquera momento e calquera lugar.

    Fonte: Gobierno Vasco

    24 de marzo de 2022

    A Xunta fai perdurar a mostra «San Cipriano o Mago. De oracións, ciprianillos e tesouros» coa publicación do catálogo que recolle as máis de 150 pezas expostas no Museo Etnolóxico de Ribadavia ao longo de 2021.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    24 de marzo de 2022

    O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o embaixador de Portugal en España, João António da Costa, mantiveron unha reunión de traballo co obxectivo de afianzar a estreita colaboración en proxectos lingüísticos e educativos entre Galicia e o país veciño.

    23 de marzo de 2022

    O municipio de Gwynedd designou a Iwan Hywel como novo responsable que se encargará de desenvolver iniciativas para protexer e promover o uso do galés en toda a entidade local.

    Fonte: North Wales Chronicle

    23 de marzo de 2022

    Unha colaboración musical da Bretaña, Alvan & Ahez, representará a Francia no Festival da Canción de Eurovisión cunha canción en lingua bretoa.

    Fonte: The Connexion

    23 de marzo de 2022

    Hizkuntz Eskubideen Behatokia (Observatorio de Dereitos Lingüísticos) presentou unha análise do persoal dos diferentes departamentos do Goberno de Navarra na que conclúe que na maioría deles o número de postos bilingües non chega ao 3 %.

    Fonte: Noticias de Navarra

    23 de marzo de 2022

    A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) lanza unha convocatoria de axudas para o ano 2022 destinadas a impulsar a creación e o talento audiovisual en galego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder