Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    15 de novembro de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación de Rúas de ida. Descubrindo a paixón polo viño, a novela de Antonio Pardines e Manyo Moreira que a Xunta de Galicia publica por primeira vez en galego.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    15 de novembro de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, visitou Boiro para inaugurar a penúltima parada de «Asinamos ser libres», a exposición itinerante que a Xunta move por toda Galicia desde o pasado maio como parte da programación cultural para achegar a todos os públicos a figura da protagonista das Letras Galegas 2021, Xela Arias.

    12 de novembro de 2021

    O programa The Friend in Need, da organización benéfica galesa Age Cymru, tenta revitalizar por medio de conversas telefónicas as habilidades lingüísticas de falantes de galés que xa non poden usar a lingua no seu día a día.

    Fonte: BBC

    12 de novembro de 2021

    Un novo informe revela que a Autoridade Unitaria de Anglesey, no norte do País de Gales, debe adoptar unha nova estratexia de promoción da lingua galesa co obxectivo de manter o galés como principal lingua vehicular da poboación. A emigración proveniente de Inglaterra e as novas tendencias orixinadas da pandemia están provocando un cambio nos usos lingüísticos a favor do inglés.

    Fonte: North Wales Chronicle

    12 de novembro de 2021

    A Editorial Finestres nace co obxectivo de encher un baleiro no mundo do cómic en catalán para adultos. Publicará novela gráfica e cómic de autor, un total de dez títulos ao ano, dos que un 80 % serán novidades internacionais e o resto, recuperacións de títulos interesantes para ofrecer nesta lingua.  

    Fonte: Time Out

    12 de novembro de 2021

    Ao abeiro da campaña «La justícia, també en català», o Executivo balear reeditou o Vocabulari de dret, unha obra que recolle termos xurídicos básicos e que inclúe un total de 5947 entradas en catalán, con equivalencias en castelán e cos sinónimos e as siglas correspondentes nas dúas linguas.

    12 de novembro de 2021

    A Deputación da Coruña lanza a campaña #AsPalabrasdaCiencia, unha iniciativa que ten como obxectivo amosar o compromiso desta institución co mundo científico e coa dinamización do galego neste ámbito de indubidable referencia social.

    Fonte: Deputación da Coruña

    12 de novembro de 2021

    O Museo Etnolóxico de Ribadavia acolle a exposición «Fábulas de Almada Negreiros », composta por diferentes ilustracións do referente da arte moderna portuguesa José de Almada Negreiros.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    12 de novembro de 2021

    O Ministerio de Educación da China anunciou que promoverá que o chinés se converta en lingua de traballo ou oficial de máis organismos ou convencións internacionais.

    Fonte: Global Times

    12 de novembro de 2021

    O Festival de Cinema entre a China e os países de lingua oficial portuguesa exhibirá en Macau 30 filmes de países como a China, o Brasil, Portugal e Angola.

    Fonte: Plataforma Media

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder