O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, participou no acto de inauguración da conferencia Portugués, Multilingüismo e Ensino a Distancia, organizada pola Academia Galega de Lingua Portuguesa e a Comisión Técnica de Promoción e Difusión da Lingua Portuguesa, que conta co patrocinio da Xunta e a colaboración da Universidade de Santiago de Compostela, entre outras institucións.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O presidente de RTVE, na súa comparecencia na Cámara Alta, sinalou que a corporación está totalmente aberta a realizar producións nas diferentes linguas cooficiais do Estado.
Fonte: 20minutos
A unidade didáctica #Damolat, elaborada por Ahize-AEK, en colaboración con Ikastolen Elkartea, ten como obxectivo impulsar o uso do éuscaro e a cultura nesta lingua entre a mocidade urbana.
Fonte: Alerta
O Goberno do Quebec destinará medio millón de dólares á promoción da lingua francesa entre a poboación inmigrante, especialmente na rexión de Montreal.
Fonte: Coast Reporter
O Parlamento de Cataluña aprobou a resolución “Per la llengua com a element de cohesió”. O acordo insta o Goberno catalán a poñer en marcha doce accións para consolidar a lingua catalá en todos os sectores, con especial atención ao audiovisual.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Plan Reactivar Navarra / Nafarroa Suspertu recoñece o papel do éuscaro como factor de cohesión e diversidade, e establece o desenvolvemento do segundo Plan estratéxico do éuscaro, en fase de elaboración, no que se indica que deben impulsarse as medidas necesarias para a continuidade do ensino desta lingua para as persoas adultas.
O LGx15 de 2021 volve a ser un evento presencial, que se desenvolverá no Centro Sociocultural de Santa Marta de Santiago de Compostela, no que se impartirán seis charlas para compilar ideas, experiencias e propostas que poidan mellorar o futuro do galego.
Fonte: CTNL
Un estudo realizado polo Observatorio para o Ensino da Lingua Inglesa revela que o Brasil ten pouco profesorado de inglés, un docente por cada 300 estudantes. A sondaxe tamén constatou que unha parte do profesorado non ten a formación adecuada.
Fonte: Estado de Minas
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no debut literario do xornalista crucense Manuel Núñez Fiúza. O conto, Cando fun un paxaro, está publicado por Edicións Fervenzas co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á xuntanza anual que a Asociación Amigos da Terra de Montes organiza dende os anos 80 entre os concellos de Beariz, Cerdedo e Forcarei, que incluíu a presentación dun novo libro co apoio da Xunta.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín


