Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    30 de setembro de 2021

    O programa Lanabes, impulsado en 2015 coa colaboración entre o Goberno vasco, a Deputación Foral de Áraba e o Concello de Vitoria, comeza unha nova fase coa que se buscar incrementar a presenza do éuscaro na FP, así como ofrecerlles máis formación e asesoramento ás empresas e difundir boas prácticas entre o comercio e a hostalería.

    30 de setembro de 2021

    O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participaron na presentación do libro Máis alá e máis arriba. Historias dos primeiros peregrinos do Camiño de Santiago, do maxistrado e escritor Xosé Antonio Vázquez Taín.

    29 de setembro de 2021

    A Comisión de Cultura da Cámara dos Deputados do Brasil aprobou un proxecto que garante o exercicio dos dereitos lingüísticos de todas as persoas que falen unha lingua orixinaria.

    Fonte: Câmara dos Deputados

    29 de setembro de 2021

    O estudo O incrible éxito da lingua vasca, do sociólogo Eguzki Urteaga, revela que o uso do éuscaro en Iparralde está en auxe incluso entre a xente nova.

    Fonte: Jornalet

    29 de setembro de 2021

    O proxecto do segundo plan estratéxico ten como punto de partida o modelo do seu antecesor e está estruturado nos seguintes eixes: uso social do éuscaro, novos falantes, mellora nos servizos públicos da atención nesta lingua á cidadanía, reforzo do consenso social para a súa promoción e desenvolvemento do seu emprego no ámbito socioeconómico.

    29 de setembro de 2021

    O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou a aprobación definitiva da Ordenanza municipal reguladora do uso da lingua galega no concello de Noia, un texto normativo que declara o galego como idioma oficial do Concello.

    Fonte: CTNL

    29 de setembro de 2021

    O Departamento de Educación pon en marcha este curso o programa de inmersión lingüística Eusle en 28 centros de ensino públicos. O obxectivo é facilitarlle o proceso de adquisición do éuscaro ao alumnado que acaba de incorporarse ao Sistema Educativo Vasco.

    Fonte: El Diario Vasco

    29 de setembro de 2021

    A campaña de divulgación da toponimia “Toponimízate. Coñece os nomes da túa terra” está de volta logo da parada obrigatoria provocada pola crise sanitaria. A iniciativa, coordinada pola Real Academia Galega (RAG) en colaboración coa Xunta de Galicia, chega entre os meses de outubro e decembro a nove concellos, oito deles da Rede de Dinamización Lingüística.

    29 de setembro de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na entrega de premios da XII edición do Certame de Cine OUFF Escola organizado polo Concello de Ourense, en colaboración coa Xunta de Galicia, no marco do XXVI Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF).

    29 de setembro de 2021

    A Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal reeditou os dous volumes que compoñen o Cancioneiro Tradicional Mirandés, libro esencial para a lingua e cultura mirandesas.

    Fonte: Jornal de Notícias

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder