Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    17 de setembro de 2021

    Este concurso de subtitulación de vídeos TED ten como obxectivo contribuír á creación de contidos divulgativos sobre ciencias da saúde en lingua galega.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    16 de setembro de 2021

    O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, asistiu no Museo do Pobo Galego á inauguración da mostra Seica de Xesús Carballido que ofrece un percorrido polos primeiros anos de traballo do artista.

    16 de setembro de 2021

    Co obxectivo de que o alumnado alcance o dominio do éuscaro e o castelán, o Goberno vasco avoga por que cada vez se ofrezan máis actividades extraescolares en lingua vasca.   

    Fonte: Deia

    15 de setembro de 2021

    O metro de Moscova engadiu sinais en taxico e uzbeko en dúas paradas co obxectivo de orientar mellor as persoas migrantes de Uzbekistán e Taxikistán que vivan na capital rusa.

    Fonte: The Moscow Times

    15 de setembro de 2021

    A Universidade de Macau creará unha iniciativa para compartir e desenvolver recursos de bibliotecas en lingua portuguesa. O obxectivo é crear unha alianza académica entre Macau e outras universidades lusófonas.

    Fonte: Jornal da USP

    15 de setembro de 2021

    Do 10 ao 19 de setembro celébrase a Semana do Libro en Catalán con múltiples actividades cuxo obxectivo é fomentar a lectura nesta lingua para todo tipo de públicos.  

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    15 de setembro de 2021

    O programa Falamos, impulsado pola Universidade de Vigo e o Concello de Pontevedra, busca fomentar o uso do galego entre o alumnado. Comeza esta nova andaina con novas edicións do voluntariado lingüístico, o club de lectura e as clases de cociña, ás que se suma como novidade unha actividade de teatro.

    15 de setembro de 2021

    O Goberno de Navarra iniciou os traballos para a VII Enquisa Sociolingüística de Navarra, que recollerá datos sobre o coñecemento do éuscaro, a súa transmisión, o seu uso en diferentes ámbitos sociais e as actitudes ante a súa promoción.

    14 de setembro de 2021

    Diversos actos en Italia conmemoran os 700 anos da morte de Dante Alighieri, o pai da lingua e literatura italianas.

    Fonte: Corriere della Sera

    14 de setembro de 2021

    Alberto Tupã Ra'y, profesor da Universidade Federal Fluminense (UFF), impartirá un curso de introdución á lingua guaraní no Museo do Indio de Río de Xaneiro.

    Fonte: Brasil de Fato

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder