Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    11 de setembro de 2021

    O presidente da Cámara Municipal de Miranda do Douro, Artur Nunes, considera a sinatura da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias por parte do Estado portugués como un acto histórico que leva a lingua mirandesa a un novo nivel de protección.

    Fonte: Jornal de Notícias

    10 de setembro de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, participou na Estrada na presentación da novena edición de Olga. Revista de Poesía Galega en Madrid.

    10 de setembro de 2021

    O ministro de Educación de Vanuatu e o embaixador da China asinaron un acordo para a promoción do ensino do chinés mandarín no país insular.

    Fonte: Xinhuanet

    10 de setembro de 2021

    Co lema “Outes, en galego!”, o Concello puxo en marcha unha iniciativa que ten como obxectivo impulsar o galego a través do comercio local, de maneira que se converta na lingua de uso habitual nos establecementos comerciais.  

    Fonte: La Voz de Galicia

    10 de setembro de 2021

    Unha nova investigación suxire que a lingua hawaiana, falada actualmente no arquipélago de Hawai, provén de atois situados preto das Illas Salomón e non de colonos orixinarios de Samoa, tal e como se pensaba até agora.

    Fonte: Hawai'i Public Radio

    09 de setembro de 2021

    Un discurso pronunciado en quechua polo primeiro ministro do Perú, Guido Bellido, foi censurado no Congreso e abre un intenso debate sobre a discriminación das linguas orixinarias no país andino.

    Fonte: Público

    09 de setembro de 2021

    O 16 de outubro está convocada unha manifestación en Oviedo para reclamar a oficialidade da lingua asturiana aproveitando o anuncio do presidente do Principado de reformar o Estatuto de Autonomía.

    Fonte: Onda Cero

    09 de setembro de 2021

    A colección "Little Neno descobre a..." pretende fomentar a lingua galega, así como a cultura musical da rapazada de entre 2 e 12 anos.

    Fonte: Galicia Confidencial

    09 de setembro de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da nova edición de Maxina ou a filla espuria, a que está considerada como a primeira novela galega moderna e que se reedita co apoio da Xunta.

    09 de setembro de 2021

    O Goberno de Taiwán aprobou as medidas para crear un centro que traballará por converter o país asiático nunha nación bilingüe chinés mandarín-inglés para o ano 2030.

    Fonte: Taiwan News

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder