Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    07 de setembro de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, mantivo unha reunión de coordinación co novo profesorado-lector que se incorpora aos centros universitarios dependentes da Rede de Lectorados da Xunta de Galicia neste curso académico 2021-2022.

    06 de setembro de 2021

    Unha persoa rexistra unha petición no Reino Unido para que as entidades bancarias de todo o país acepten cheques escritos en lingua córnica. Actualmente os bancos aceptan cheques escritos en inglés, galés e gaélico.

    Fonte: Nation Cymru

    06 de setembro de 2021

    A norma recolle a terminoloxía principal da xestión da continuidade do negocio, xa que é unha referencia para que as organizacións poidan actuar con eficacia ante imprevistos que interrompen o seu funcionamento normal.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    06 de setembro de 2021

    As dúas entidades renovan o seu convenio de colaboración para levar a cabo diferentes iniciativas ao longo dun ano que teñen o obxectivo de normalizar o uso do éuscaro.

    Fonte: Tolosako Udala

    06 de setembro de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do proxecto O Argueiro dos Ancares, un portal creado nas redes sociais de Facebook e Instagram por unha veciña de Navia de Suarna e que conta co apoio da Xunta de Galicia para visibilizar a xente que mantén vivo o territorio dos Ancares e a parte máis descoñecida da comarca.

    06 de setembro de 2021

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou a Colección Textos e Estudos que o Centro de Estudos Galegos (CEG) do Algarve inaugurou no 2017 co primeiro dos catro tomos que forman a serie.

    Fonte: O Portal da Lingua Galega

    04 de setembro de 2021

    A organización benéfica Community Land Scotland está a desenvolver un proxecto piloto para destinar incentivos económicos ás comunidades locais de certas zonas de Escocia para promover o uso do gaélico e salvar a lingua da extinción.

    Fonte: The Press and Journal

    04 de setembro de 2021

    O Ministerio de Asuntos Exteriores de Ucraína anunciou que a páxina oficial do país estrea a súa versión en lingua chinesa. 

    Fonte: Ukrinform

    03 de setembro de 2021

    O Ministerio de Asuntos Exteriores de Rusia está a elaborar un exhaustivo programa de promoción da lingua rusa en todo o mundo. O obxectivo é fortalecer a posición do ruso na esfera internacional.

    Fonte: TASS

    03 de setembro de 2021

    O senador brasileiro Flávio Arns presentou un proxecto de lei que pretende introducir o ensino obrigatorio da lingua española nas escolas de educación básica.

    Fonte: Jornal do Oeste

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder