Para o director do Instituto Camões, a música, o audiovisual, a literatura, a arquitectura, a gastronomía ou o turismo son áreas que poden axudar a impulsar a presenza do portugués en todo o mundo.
Fonte: Plataforma
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Para o director do Instituto Camões, a música, o audiovisual, a literatura, a arquitectura, a gastronomía ou o turismo son áreas que poden axudar a impulsar a presenza do portugués en todo o mundo.
Fonte: Plataforma
Trátase dunha versión actualizada da serie de televisión D'Artacán y los tres Mosqueperros, producida por Apolo Films en Navarra e que se poderá ver tamén en éuscaro a través do programa de dobraxe Zinema Euskaraz da asociación Zineuskadi.
Fonte: Noticias de Navarra
A empresa estadounidense facilítalles aos seus usuarios a opción de empregar o catalán nos paneis de control e nos manuais dos seus vehículos.
Fonte: Racó Català
OtomíApp é unha aplicación que pretende evitar o desprazamento que está a sufrir a lingua otomí, xa que só conta con arredor de 500 falantes e as novas xeracións non a aprenden.
Fonte: DigitalMex
A asociación Emaneurre puxo en marcha unha iniciativa para instalar nunha fachada un gran mural de 15 metros de alto e 5 de ancho para chamar a atención e reivindicar a utilización do éuscaro.
Fonte: El Diario Vasco
O Goberno boliviano regulou as funcións do Instituto Plurinacional de Estudo de Linguas e Culturas (IPELC) que se converte así na única instancia que pode acreditar o dominio dos idiomas oficiais recoñecidos na Constitución do país.
Fonte: El Deber
A Asociación Cívica Cidade de Badaxoz propón que a sinalización e os carteis das rúas da capital pacense estean en español e en portugués, xa que pensan que esta iniciativa lle daría unha gran visibilidade á cidade e fomentaría as relacións aos dous lados da fronteira, así como a aprendizaxe da lingua portuguesa entre a poboación local.
A Secretaría de Cultura do Goberno de México, a través do Instituto Nacional de Linguas Indíxenas (INALI), asinou un convenio coa Universidade Autónoma de Querétaro co obxectivo de promover, preservar e difundir a cultura mexicana en xeral, en especial, a súa diversidade lingüística.
Fonte: Exprés
A Xunta de Galicia vén de convocar novos cursos preparatorios para as probas de acreditación da certificación de lingua galega (Celga), así como de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior en liña que se impartirán entre outubro deste ano e maio de 2022 nas Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia (EOI) das sete cidades.
O Concello compostelán anunciou a convocatoria dun premio e dous accésits para obras literarias en galego, de narrativa, poesía, teatro e ensaio. O obxectivo deste certame é incrementar a presenza da cidade na literatura escrita nesta lingua, xa que os textos deberán ter Santiago como marco ou referencia fundamental da obra.
Subscríbase ao boletín