Máis información
Actualización do Plan xeral de normalización da lingua galega. Participación cidadá
Como sabes, estamos levando a cabo unha actualización do Plan xeral de normalización da lingua galega na que partindo da análise da situación actual da lingua galega nos distintos sectores sociais sexamos capaces de establecer entre todas e todos unha serie de medidas que impulsen o coñecemento e o uso da lingua galega no conxunto da sociedade no camiño da súa plena normalización como lingua “propia” de Galicia.
A normalización da lingua galega debe ser unha empresa colectiva na que todas e todos, desde a nosa particular situación, nos sintamos membros activos e corresponsables do pulo que necesita. Por iso pedímosche que nos fagas chegar calquera medida ou calquera observación que consideres pertinente para avanzar na normalización social do galego
Non te cortes! Fai oír a túa voz! Todas as propostas son importantes!
Boletín
Subscríbase ao boletín