Contador é un cubo de tres metros de lado, instalado en espazos públicos de trinta localidades de Galicia, no que se elabora un conto colectivo. Partindo dun comezo provisto polo propio Contador, cada participante narra unha parte da historia coa única referencia do fragmento de relato inmediatamente anterior, o que pode dar lugar a derivacións máis ricas e divertidas.
O 28 de xuño Contador visita Ferrol e o 29 Narón.
Fonte: galegoelogo.com


