O Servizo de Promoción das Minorías Lingüísticas locais da provincia autónoma de Trento (Italia), en colaboración co Departamento de Ciencias Xurídicas da Universidade de Trento, organiza un congreso internacional co título de "Diritti Istituzioni Politiche Linguistiche". A finalidade principal deste congreso é promover unha análise en profundidade e unha comparación das políticas de tutela e promoción das minorías lingüísticos locais, á luz da nova Lei provincial n. 6/2008 na materia.
Fonte: Minoranze Linguistiche


