A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) convoca un novo curso de formación dirixido a persoas que comezaron a traballar recentemente nun SNL e a estudantado co obxectivo de introducir no traballo dos SNL e formar novos/as técnicos/as de normalización. O curso terá unha edición en cada unha das universidades do país en datas diferentes (12, 13 e 14 de novembro na Universidade de Santiago, 19, 20 e 21 na Universidade de Vigo e 26, 27 e 28 de novembro da Universidade da Coruña).
Fonte: CTNL



