Nesta xuntanza analizaranse os retos aos que as linguas minoritarias deben enfrontarse no actual marco de globalización, así como as oportunidades que este escenario brinda para elas. Presentaranse para iso experiencias de todo o mundo, da man de expertos internacionais de recoñecido prestixio. O congreso celebrarase os días 9 e 10 de outubro de 2008 no Palacio Euskalduna de Bilbao.
Fonte: Hizkuntzagutxituak



