Máis información
Día das Letras Galegas 2021 - Xela Arias
Neste 2021, a Real Academia Galega, na súa sesión plenaria celebrada o 22 de decembro de 2020, tomou o acordo de lle render tributo e dedicarlle o Día das Letras Galegas a Xela Arias Castaño (Sarria, 1962 - Vigo, 2003), “unha voz singular da xeración que anovou nos anos 80 a poesía en temas, estilo e forma” da que a institución subliña “o seu labor pioneiro na tradución ao galego de clásicos universais e como editora”. Celebramos, pois, unha das voces máis destacadas da poesía galega contemporánea, autora dunha escrita singular, transgresora, sincera e comprometida. Homenaxeamos unha muller, a quinta anfitrioa do Día das Letras Galegas nos 58 anos desta celebración, despois de Rosalía de Castro (1963), Francisca Herrera Garrido (1987), María Mariño (2007) e María Victoria Moreno (2018).
Boletín
Subscríbase ao boletín
