Os días 19 e 20 de xuño o Consello da Cultura Galega acollerá o terceiro dos seis foros de debate organizados para conmemorar os seus 25 anos (1983-2008). Profesores e expertos de diferentes universidades europeas reflexionarán sobre “Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade” con atención especial á perspectiva global da diversidade, o espazo europeo, o multilingüismo español, a situación da sociedade galega e a súa relación co ámbito luso-brasileiro.
Fonte: Consello da Cultura Galega



