Rapaces de 12 a 14 anos son os destinatarios da actividade proposta por Edicións A Nosa Terra, que pretende dinamizar o uso do galego nesta etapa de idade desde unha perspectiva creativa, así como asociar o uso do galego coa modernidade, a cultura urbana e as expresións artísticas máis actuais, actividades de interese para esta franxa da poboación.
A actividade desenvolverase de 9 a 10 horas e de 10 a 11 no IES de Bertamiráns.
Fonte: Xunta de Galicia



