Este texto constitúe unha primeira aproximación a cales son os factores sociais, educativos, tecnolóxicos, económicos e demográficos que se relacionan coa posición dunha lingua na clasificación do número de artigos na Wikipedia. Desta análise nace un concepto clave, o de comunidade lingüística dixital, e a observación de que a posición do catalán no mundo de internet non se debe a un pretendido activismo dos seus falantes, senón máis ben a unha posición moi semellante á doutras comunidades lingüísticas de demografía mediana.
Data:
luns, 17 outubro, 2011 - 13:46
Tipo: