España
Agenda Estratégica del Euskera. Gobierno Vasco. 2022
Esta axenda fixa catro obxectivos estratéxicos para incrementar o coñecemento e o uso do éuscaro, garantir os dereitos lingüísticos da cidadanía e seguir reforzando a colaboración interinstitucional en todos os territorios do éuscaro.
El entorno digital del euskera. Recomendaciones 2021-2024. Gobierno vasco. 2021
Este documento constitúe un instrumento de traballo para o Goberno vasco e a folla de ruta para os próximos catro anos. Tamén pode servir de guía para os demais poderes públicos e para as diversas asociacións e empresas do sector que traballa no desenvolvemento do contorno dixital.
Encuesta sobre la participación de la población adulta en las actividades de aprendizaje en España. Adult Education Survey. INE. 2018
Esta enquisa ten como obxectivo coñecer as actividades de formación e aprendizaxe realizadas pola poboación adulta. Proporciona resultados por comunidades autónomas, con táboas sobre varios temas, entre eles, os coñecementos lingüísticos.
L'aragonés y lo catalán en l’actualidat. Seminari Aragonès de Sociolingüística. 2017
Este informe pretende servir de ferramenta de traballo e reflexión en relación coas dúas lingua históricas que se falan en Aragón, o catalán e o aragonés. Parte da análise do censo de poboación e vivendas do ano 2011.
V Mapa Sociolingüístico. Gobierno Vasco. 2014
O V Mapa Sociolingüístico elaborouse tendo en conta os datos do Censo de Poboación e Vivendas de 2011.
L'oficialitat lingüística. Declaracions constitucionals i implicacions jurídiques i pràctiques. Generalitat de Catalunya. 2015
A finalidade deste estudo é proporcionar información e datos obxectivos procedentes do dereito comparado sobre as implicacións xurídicas e prácticas que pode ter o concepto xurídico de oficialidade lingüística.
VI Informe sobre la situació de la llengua catalana. Observatori de la Llengua Catalana. 2013
Este informe presenta datos sobre a situación do catalán no ano 2012. Nel recóllense as dimensións demográficas, políticas, xurídicas, económicas e sociais desta lingua.
La dimensió de les llengües a la Wikipedia i la seua relació amb els elements socials. Xarxa CRUSCAT. 2011
Este texto constitúe unha primeira aproximación a cales son os factores sociais, educativos, tecnolóxicos, económicos e demográficos que se relacionan coa posición dunha lingua na clasificación do número de artigos na Wikipedia. Desta análise nace un concepto clave, o de comunidade lingüística dixital, e a observación de que a posición do catalán no mundo de internet non se debe a un pretendido activismo dos seus falantes, senón máis ben a unha posición moi semellante á doutras comunidades lingüísticas de demografía mediana.
Informe de Política Lingüística 2010. Generalitat de Catalunya. 2011
Este informe, elaborado pola Dirección Xeral de Política Lingüística catalá, contén as actuacións máis relevantes en materia de política lingüística realizadas durante o ano 2010 e un conxunto de datos que permiten coñecer a situación do catalán en diversos ámbitos da sociedade.
Índice:
I. O marco lingüístico legal
II. A organización do Goberno en materia de política lingüística
III. O orzamento da Generalitat para a política lingüística
IV. A acción do Goberno
V. Novos datos sobre o coñecemento e o uso do catalán
Coneixements i usos del català a Catalunya el 2010: dades del Baròmetre de la Comunicació i la Cultura. Xarxa CRUSCAT. 2011
Este estudo analiza o coñecemento, usos e actitudes actuais en Cataluña en relación coa lingua catalá; a situación do catalán en Cataluña, Illas Baleares e Comunidade Valenciana; e a situación do catalán comarca a comarca, en Cataluña.
Boletín
Subscríbase ao boletín
