España

Informe sobre a fala ou gallego-asturiano. Academia de la Llingua Asturiana. 2006

Estudo do ano 2006 no que se fala sobre a polémica situación lingüística na franxa occidental de Asturias e que tamén inclúe unha perspectiva histórica desta. Divídese nas seguintes partes: a terra de Entrambasauguas desde o punto de vista histórico e cultural; identidade comunitaria e actitudes lingüísticas dos asturianos de Entrambasauguas; a fala, eonaviego ou gallego-asturiano desde o punto de vista filolóxico; e o labor da Academia de la Llingua Asturiana na recuperación lingüística do Navia-Eo.

III Mapa sociolingüístico, 2001. Gobierno Vasco. 2005

Documento que analiza a situación sociolingüística en 2001 e a súa evolución na década 1981-1991 no conxunto da comunidade autónoma vasca e os territorios históricos e que ofrece datos xerais sobre as distintas comarcas.

Consulte o documento

Estadística d’usos lingüístics a institucions públiques. Generalitat de Catalunya. 2004

Estudo sociolingüístico de carácter cuantitativo no que se avalían os usos lingüísticos das diferentes institucións de carácter público de Cataluña. Inclúense tamén datos sobre o contexto sociolingüístico e as actitudes lingüísticas con relación ao catalán.


Sistema de indicadores de Euskal Herria. Gobierno vasco

Instrumento ideado para proporcionar aos poderes públicos, aos axentes e órganos que actúan no proceso de normalización do uso do éuscaro, así como aos cidadáns en xeral información detallada sobre a situación do éuscaro e a súa evolución no conxunto de Euskal Herria.

Consulte o documento

Enquesta sociolingüística. Govern de les Illes Balears. 2003

Informe que inclúe datos sobre o catalán relativos, entre outros aspectos, aos coñecementos lingüísticos, os coñecementos doutras linguas, os usos familiares e fóra do contorno familiar, o comportamento nas interaccións, o consumo de medios nas diferentes linguas ou as representacións sobre a lingua da poboación das Illas Baleares.

Consulte o documento

Sistema d’indicadors lingüístics. Generalitat de Catalunya. 2008

Recompilación de datos lingüísticos relativos a sete ámbitos: poboación, administración pública, sistema educativo, medios de comunicación e industrias culturais, mundo socioeconómico, mundo asociativo e institucións sanitarias. O obxectivo é dispoñer de datos sobre o coñecemento e o uso do catalán no momento actual e a súa evolución co paso do tempo.

Consulte o documento

Estadística d’usos lingüístics a federacions i clubs esportius. Generalitat de Catalunya. 2006

Estudo sociolingüístico de carácter cuantitativo no que se avalían os usos lingüísticos nas federacións e entidades deportivas de Cataluña. Inclúense tamén datos sobre o contexto sociolingüístico e as actitudes lingüísticas con relación ao catalán.

Consulte o documento

Enquesta d’usos lingüístics a petites i mitjanes empreses de serveis 2004-2007. Generalitat de Catalunya. 2007

Estudo sociolingüístico de carácter cuantitativo no que se avalían os usos lingüísticos nas pequenas e medianas empresas de Cataluña do sector servizos. Inclúense tamén datos sobre o contexto sociolingüístico e as actitudes lingüísticas en relación co catalán.

Consulte o documento

Llibre blanc de l’ús del valencià-I. Acadèmia Valenciana de la Llengua. 2004

Documento no que se pretende tanto resumir as principais características da enquisa sobre a situación do valenciano como aproximarse a unha valoración global do estado do catalán en Valencia.

Consulte o documento

Enquesta d'usos lingüístics a la Franja d’Aragó. Generalitat de Catalunya. 2004

Estudo que inclúe datos sobre os usos lingüísticos nas relacións interpersonais da poboación de quince ou máis anos na Franja (territorio que inclúe as comarcas orientais de Aragón: La Ribagorça, La Llitera, El Baix Cinca, El Baix Aragó – Casp e el Matarranya), cun especial interese pola situación do uso do catalán.

Consulte o documento

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder