España

Enquesta d'usos lingüístics de la població 2008. Generalitat de Catalunya. 2009

O principal obxectivo desta enquisa é coñecer os usos que as persoas residentes en Cataluña fan das diversas linguas presentes no territorio. Nesta edición tamén se preguntou sobre os coñecementos das linguas castelá, inglesa e francesa e se fixo unha mostra específica para o Val de Arán para ter datos sobre o uso e o coñecemento da variedade aranesa da lingua occitana neste territorio. Nesta edición 2008 da enquisa de usos lingüísticos da poboación entrevistáronse 7.140 persoas de 15 anos ou máis.

Informe sobre la situació de la llengua catalana (2005-2007). Observatori de la Llengua Catalana. 2009

Este informe ten a súa orixe nun encargo do Observatori de la Llengua Catalana a fin de facer un seguimento e unha avaliación da lingua catalá coa maior solvencia e rigor académico posibles, tanto no que se refire ao seu uso social como ao marco legal en que se desenvolve. No marco do Observatori xa se publicara anteriormente o Informe sobre la situació de la llengua catalana (2003-2004), do que o actual informe se pode considerar herdeiro e continuador.

Consulte o documento

Informes de política lingüística da Generalitat de Catalunya. 2000-2016

Os informes, elaborados polo departamento de Política Lingüística da Generalitat de Catalunya, conteñen as actuacións máis relevantes en materia de política lingüística realizadas durante os diferentes anos (desde o 2000) e todo un conxunto de datos que permiten coñecer a situación da lingua catalá en diversos ámbitos da sociedade.

Consulte os documentos

IV Mapa Sociolingüístico. Gobierno Vasco. 2009

O IV Mapa Sociolingüístico, baseado fundamentalmente en datos procedentes do padrón de 2006, establece o retrato máis completo da capacitación lingüística dos cidadáns do País Vasco. A diferenza da enquisa sociolingüística que se difundiu o pasado ano, o recente estudo non recolle os datos de Navarra e o País Vasco francés.

Consulte o documento

Informe sobre a aplicación da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias en España. Consello de Europa. 2008

Informe realizado por un comité de expertos que analiza a aplicación da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias e que inclúe unha serie de recomendacións sobre esta cuestión.

Consulte o documento

Investigación sobre el paisaje lingüístico. Gobierno vasco. 2007

Estudo de investigación sobre a paisaxe lingüística no ámbito público (nos diferentes ámbitos dependentes das distintas administracións) e privado (supermercados e hipermercados; sucursais de bancos e caixas de aforros; e axencias inmobiliarias) da Comunidade Autónoma Vasca.

Consulte o documento

Uso del euskera en las grandes empresas de la Comunidad Autónoma Vasca. Gobierno vasco. 2003

Estudo do ano 2003 cuxo obxectivo principal é analizar o uso do éuscaro nas grandes empresas da Comunidade Autónoma vasca. O universo analizado está integrado polas empresas ou establecementos de 100 ou máis empregados que figuran no Directorio de Empresas e Establecementos proporcionado polo Instituto Vasco de Estatística (Eustat).

Uso del euskera en los comercios, restaurantes y bares de la Comunidad Autónoma Vasca. Gobierno vasco. 2003

Informe que presenta de forma conxunta os principais resultados de dous estudos sobre o uso do éuscaro na Comunidade Autónoma vasca realizados independentemente: o primeiro nos comercios polo miúdo e o segundo, nos restaurantes e bares. Ademais compáranse os datos cos resultados obtidos no estudo sobre o uso do éuscaro nas empresas de máis de 100 empregados.

Consulte o documento

 

Uso del euskera en los establecimientos de comercio al por menor de la Comunidad Autónoma Vasca. Gobierno vasco. 2003

Estudo do ano 2003 cuxo obxectivo principal é analizar o uso do éuscaro nos establecementos de comercio polo miúdo da Comunidade Autónoma vasca.

Consulte o documento

Uso del euskera en los bares y restaurantes de la Comunidad Autónoma Vasca. Gobierno vasco. 2003

Estudo do ano 2003 cuxo obxectivo principal é analizar o uso do éuscaro nos restaurantes e bares da Comunidade Autónoma vasca, a partir dos datos obtidos por medio dunha enquisa realizada aos propietarios ou encargados dunha mostra estatisticamente representativa dos devanditos establecementos.

Consulte o documento

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder