Este volume reúne dez contribucións orixinais de 14 especialistas, nunha tripla perspectiva: histórica, antropolóxica e lingüística. A variación sintáctica, o léxico dialectal, a entoación e as percepcións e as actitudes lingüísticas na fronteira galego-portuguesa son algúns dos temas tratados no volume, no que se analizan tamén os camiños diverxentes de Galicia e Portugal a partir da Idade Media ou a permeabilidade bidireccional da raia, que a un tempo une e separa ambos os territorios.
Data:
mércores, 3 xuño, 2015 - 13:34
Tipo: