Administración
Trípticos informativos. Observación no ámbito da Administración. 2007
Trípticos informativos cos datos máis relevantes de cada un dos subámbitos que conforman a observación na Administración: Xunta de Galicia, concellos, deputacións, Administración de Xustiza, Administración Xeral do Estado e entes estatutarios.
Resumo executivo. Observación no ámbito da Administración. 2007
Resumo executivo do informe da situación do galego no conxunto das administracións públicas situadas en Galicia, que inclúe datos sobre cales son os coñecementos, os usos, as opinións e as actitudes neste ámbito. Posto que se trata dun resumo, neste documento recolleranse os aspectos do devandito informe que resultan máis relevantes dende o punto de vista da situación do galego na Administración.
Informe. Observación no ámbito da Administración. 2007
Informe que se centra na situación do galego no conxunto das administracións públicas situadas en Galicia, que inclúe datos sobre cales son os coñecementos, os usos, as opinións e as actitudes neste ámbito. Divídese en estes subámbitos: Administración Xeral do Estado, Xunta de Galicia, deputacións provinciais, concellos, Administración de Xustiza e outras entidades estatutarias (Valedor do Pobo, Consello Consultivo, Consello de Contas, Consello da Cultura Galega e Parlamento de Galicia).
Boletín
Subscríbase ao boletín
