Escola Valenciana (EV) iniciou o 7 de xaneiro unha campaña para conseguir o apoio de escolas, asociacións de pais e nais, sindicatos e entidades á súa proposta a favor do multilingüismo nos centros educativos valencianos. O denominado Pla per l'Escola Multilingüe, que EV presentou o pasado 10 de decembro, propón un modelo que asegure unha competencia total en valenciano, español e unha terceira lingua.
Fonte: Móndivers
Sección:



