Novas

A Universidade Pompeu Fabra lidera un estudo que constata a existencia de patróns comúns nas linguas para aforrar palabras
01 de xullo de 2026

A Universidade Pompeu Fabra lidera un estudo que constata a existencia de patróns comúns nas linguas para aforrar palabras

Un estudo internacional liderado pola UPF conclúe que preto de 2000 linguas comparten patróns para reutilizar palabras ou partes delas sen comprometer a claridade comunicativa. A investigación, publicada en Nature Human Behaviour, analizou case 2000 idiomas de 193 familias lingüísticas a partir da base de datos Lexibank. O traballo mostra que as linguas tenden a aforrar léxico cando o contexto evita a ambigüidade, mais crean formas diferenciadas cando existe risco de confusión.

Fonte: Diari de la Llengua

Comunidade: 
Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder