O pasado 19 de novembro, un informe encargado pola Deputación de Álava a varios expertos determinou a falsidade dos grafitos escritos en cerámicas dos séculos III, IV e V descubertos no xacemento romano de Iruña-Veleia nos anos 2005 e 2006. Estes descubrimentos cualificáronse no seu día de «históricos», posto que, entre outras cousas, adiantaban ao século III a aparición do éuscaro e a entrada do cristianismo.
Fonte: La Voz de Galicia
Sección:



