Novas

Valencia contará cunha oficina de dereitos lingüísticos para reclamar o uso do valenciano
24 de novembro de 2008

Valencia contará cunha oficina de dereitos lingüísticos para reclamar o uso do valenciano

Escola Valenciana, integrada por 24 asociacións que pretenden normalizar o uso do valenciano, conmemorou en Alacant, cidade na que o 23 de novembro de 1983 se aprobou a Lei de uso e ensino do valenciano (LUEV), o 25.º aniversario desta lei. Por este motivo anunciaron a posta en marcha dunha oficina de dereitos lingüísticos que pretende ser "un servizo para os cidadáns aos que se lles nega por algún motivo o dereito a vivir en valenciano", segundo explicou o presidente de Escola Valencina, Diego Gómez.

Fonte: El País

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder