O status do valenciano na educación mantén a tónica dos últimos anos: é alto en primaria e infantil e vai degradándose a medida que se ascende nos tramos educativos. Isto explicouno a Mesa pel Valencià, integrada por asociacións cívicas, institucións e sindicatos, ao repasar os incumprimentos da Lei de uso do valenciano 25 anos despois de aprobarse. O último chanzo, o da universidade, onde a demanda segue sendo maior cá oferta, ofrece varias lecturas.
Fonte: El País
Sección:



