Novas

Créase un sistema para traducir literatura á lingua de signos
17 de novembro de 2008

Créase un sistema para traducir literatura á lingua de signos

Un grupo de investigadores da Universidade de Alacante (UA) deseñou o primeiro Sistema de Escritura Alfabético (SEA) que pode aplicarse nun computador e que lles permite aos xordos traducir obras literarias e documentos á lingua de signos.
O director da Biblioteca Virtual de Signos da Miguel de Cervantes e profesor de lingua de signos, Ángel Herrero, explicou que ata agora se crearon sistemas de escritura icónicos, como o Sign Writting, que non permite procesalo nun computador, e indicou que o SEA consiste na definición dos signos mediante os símbolos alfabéticos. "O reto deste sistema de escritura é demostrar que a linguaxe de signos é unha lingua natural", segundo Herrero, quen destacou a importancia do proxecto en canto á súa aplicación no ámbito literario.

Fonte: Galicia Hoxe

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder