A revista sobre museos de ámbito mundial editada pola Unesco, MUSEUM International, acaba de publicar un extenso artigo do director de Linguamón, Antoni Mir, acerca do proxecto da Casa das Linguas. Ademais de facer unha reflexión sobre a diversidade lingüística actual do planeta, o artigo repasa detidamente o nacemento e a evolución de Linguamón, un proxecto que pretende ser pioneiro na sensibilización, promoción e desenvolvemento das linguas do mundo.
Fonte: Linguamón
Sección:



