A conselleira de Cultura, Política Lingüística e Deporte, Vanessa Gutiérrez, anunciou a creación dun selo para recoñecer as empresas que utilicen o asturiano. Esta iniciativa ten como obxectivo premiar o compromiso das compañías coa lingua e cultura do Principado. O selo, que se desenvolverá en colaboración cunha nova asociación empresarial, buscará visibilizar e agradecer a súa contribución ao uso das linguas propias.
Fonte: RTPA
Comunidade:
Sección:



