O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, entregoulle ao coordinador do Plan xeral de normalización da lingua galega, Manuel González, os resultados da Enquisa sobre a percepción social do galego elaborada polo Instituto Sondaxe e que serán remitidos ás comisións do Plan “como ferramenta de traballo co obxectivo de ampliar o actual coñecemento sobre o uso e presenza do galego na sociedade”. Trátase dun estudo composto por 1200 enquisas a familias residentes en Galicia con fillos en idade escolar nas etapas de primaria e secundaria.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Sección:



