O Consello da Cultura Galega abriu a inscrición para a primeira sesión do foro «Un país coa súa lingua», que levará por título Educación e socialización na que se abordará o papel do ensino en galego e as solucións para impulsar a súa transmisión interxeracional. O proceso, que inclúe seis mesas temáticas entre febreiro e xullo, busca identificar medidas prioritarias para a normalización da lingua. A cidadanía pode participar presencialmente, en liña ou enviando propostas.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Sección:



