A Xunta de Galicia acaba de abrir o prazo para que as entidades locais soliciten as axudas destinadas a levar a cabo accións de promoción do uso da lingua galega, para o que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude achega 350 000 €.
Así, a convocatoria, publicada no Diario Oficial de Galicia e aberta ata o 4 de abril, está dirixida a fomentar a prestación dun servizo lingüístico, ben mediante a súa creación ou co reforzamento dun xa existente, promovendo o desenvolvemento de programas de dinamización en concellos. Ademais, tamén se impulsa cos agrupamentos de municipios a incorporación de localidades de menos de 3000 habitantes que se poidan atopar con menos recursos para desenvolver estas tarefas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega



