Novas

A Xunta abre o prazo do premio literario Nortear para obras escritas en galego ou portugués
07 de abril de 2025

A Xunta abre o prazo do premio literario Nortear para obras escritas en galego ou portugués

A Xunta abriu o prazo para participar na 11ª edición do Premio Literario Nortear, un proxecto cultural referente en Europa organizado pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en colaboración coa Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal. Dotada con 3000 euros, a iniciativa diríxese á mocidade de entre 16 e 36 anos de Galicia ou do Norte de Portugal, que teñan unha escrita orixinal e inédita de 5000 a 8000 palabras de extensión, respectando as normas lingüísticas establecidas ben polo novo acordo ortográfico portugués ben pola normativa ortográfica vixente da Real Academia Galega.

Fonte: Xunta de Galicia

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder