A Facultade de Humanidades do Campus de Lugo organiza un obradoiro de apoderamento lingüístico co obxectivo de capacitar as persoas que traballan na xestión cultural para deseñar accións que activen novos falantes en galego. Esta iniciativa pretende ofrecer respostas eficaces fronte ao descenso no uso da lingua e promover unha participación activa e consciente na súa recuperación desde o ámbito cultural.
Sección:



