O presidente da Real Academia Galega reuniuse na sede provisional da institución coas deputadas de Cultura e de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña. Henrique Monteagudo, Natividad González e Soledad Agra participaron nun encontro no que analizaron as liñas de colaboración vixentes entre ambas entidades para promover a lingua e a cultura galegas.
Fonte: RAG
Sección:



