O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou no acto de entrega da Rosa de Galicia, no día no que a Casa de Rosalía celebra o 140º aniversario do pasamento de Rosalía de Castro. A Rosa de Galicia, recibida pola familia de Juan Naya, recoñeceu a título póstumo o labor exercido por quen foi herdeiro universal de Gala Murguía e mais secretario e bibliotecario da Real Academia Galega para a conservación, protección e divulgación do legado da familia Murguía Castro.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Sección:



