Novas

Preséntase un volume do Consello da Cultura Galega sobre os procesos de construción das identidades lingüísticas
05 de novembro de 2025

Preséntase un volume do Consello da Cultura Galega sobre os procesos de construción das identidades lingüísticas

O Consello da Cultura Galega presentou o libro Identidades e ideoloxías perante a diversidade lingüística, coordinado por Elisa Fernández Rei, Estela Fidalgo-Garra e Miguel Guisantes-Alonso. A publicación reúne dez estudos que examinan a construción das identidades lingüísticas e as ideoloxías que as sosteñen, tanto en Galicia como noutros contextos multilingües. Estruturada en dous bloques, a obra achega novas perspectivas sobre o papel da lingua en ámbitos educativos, migratorios e familiares.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder