Novas

A RAE presenta as novidades do seu dicionario
15 de decembro de 2025

A RAE presenta as novidades do seu dicionario

A Real Academia Española presentou a actualización dixital 23.8.1 do Diccionario de la lengua española, un adianto do labor académico previo á edición impresa prevista para 2026. A nova versión incorpora termos e significados recentes, con presenza destacada de vocabulario científico, tecnolóxico e médico, así como usos coloquiais e expresións complexas. Tamén se amplían definicións xa existentes e intégranse voces procedentes do ámbito dixital. O dicionario reforza así o seu carácter panhispánico grazas á achega conxunta das academias da lingua de todo o mundo.

Fonte: Real Academia Española

Comunidade: 
Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder