O portal Totjoc ampliou polo Nadal o seu buscador de xogos e xoguetes en catalán, até reunir 1530 produtos e preto de 600 establecementos onde adquirilos, co obxectivo de normalizar o lecer nesta lingua. A iniciativa reforzouse con recomendacións audiovisuais e titoriais difundidos a través de YouTube, coa colaboración do comercio especializado. En paralelo, o presentouse un dicionario específico de xogos de mesa e de rol, integrado na colección de recursos en liña do Termcat, concibido como ferramenta aberta e ampliable para consolidar o vocabulario deste ámbito en catalán.
Fonte: Diari de la Llengua
Comunidade:
Sección:



