Novas

A Universidade de Santiago organiza un curso formativo de recollida e validación de datos de voz en galego
30 de decembro de 2025

A Universidade de Santiago organiza un curso formativo de recollida e validación de datos de voz en galego

O Proxecto Nós, xunto coa Vicerreitoría de Estudantes e Cultura da Universidade de Santiago de Compostela, puxo en marcha unha actividade formativa de 25 horas para capacitar o alumnado de grao na recollida e validación de datos de voz en galego a través de Common Voice. A actividade permitirá achegarse ás tecnoloxías da fala na nosa lingua e contribuír á creación de recursos lingüísticos abertos mediante a gravación e verificación de fragmentos orais. O curso insírese na aposta por fortalecer a presenza do galego no ámbito dixital e tecnolóxico.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder