Novas

Seis de cada dez cataláns non reparan en que lingua configuran os seus dispositivos
02 de xaneiro de 2026

Seis de cada dez cataláns non reparan en que lingua configuran os seus dispositivos

Un estudo revela que arredor do 60 % da poboación catalá apenas ten en conta o catalán na configuración dos seus dispositivos dixitais, malia existir opcións técnicas para empregar esta lingua. A investigación amosa que a mocidade é o grupo menos sensibilizado, mentres que as persoas maiores e con estudos universitarios presentan unha maior conciencia lingüística. O informe tamén sinala unha clara contradición entre o apoio social a esixir contidos en catalán e a escasa implicación individual á hora de escollelo nos aparellos, unha situación que limita a súa presenza no ámbito dixital.

Fonte: Diari de la Llengua

Comunidade: 
Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder