A Universidade Pompeu Fabra lanzou o curso en liña aberto Going Further in Catalan, dirixido a estudantes e persoal universitario que queiran avanzar no coñecemento da lingua e da cultura catalás antes de chegar ás universidades de Cataluña. O curso, gratuíto e equivalente a un nivel A1.2, utiliza unha serie de ficción como fío condutor para introducir léxico e expresións de uso cotián. A iniciativa forma parte da estratexia da universidade para impulsar a aprendizaxe do catalán, cuxos cursos en liña xa superaron os 3200 participantes.
Fonte: Diari de la Llengua
Comunidade:
Sección:



