Novas

A Universidade de Santiago organiza unha nova edición do Concurso Mazarelos para promover a creatividade literaria en galego
30 de marzo de 2026

A Universidade de Santiago organiza unha nova edición do Concurso Mazarelos para promover a creatividade literaria en galego

A Facultade de Filoloxía da USC convocou a duodécima edición do Concurso Literario Mazarelos, unha iniciativa coa que procura estimular a creatividade da mocidade universitaria, afianzar a expresión en galego e favorecer a aparición de novas voces literarias. O certame diríxese ao estudantado e tamén a persoal investigador vinculado á universidade, que poderá presentar ata o 11 de setembro obras inéditas en galego de calquera xénero e temática.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder