Novas

Convócase o II Premio Castelao de Textos Teatrais da Deputación de Pontevedra
07 de abril de 2026

Convócase o II Premio Castelao de Textos Teatrais da Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra convocou a segunda edición do Premio Castelao de Textos Teatrais, dotado con 12 000 euros e coa publicación da obra gañadora, nunha nova aposta por estimular a creación dramática en galego e recoñecer o talento literario da provincia. O prazo para presentar orixinais permanecerá aberto até o 15 de setembro e poderán concorrer persoas maiores de idade con textos inéditos, non premiados nin representados con anterioridade.

Fonte: Deputación de Pontevedra

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder