O alumnado dos centros adheridos ao plan piloto de libre elección de lingua das Baleares partía, ao comezo da experiencia, cun nivel de catalán sensiblemente inferior ao de castelán, segundo os datos da avaliación inicial remitida pola Consellería de Educación. O sindicato STEI interpreta estes resultados como mostra dun desequilibrio que pode agravar a situación da lingua propia e reclama unha revisión de fondo das políticas lingüísticas educativas.
Fonte: Última Hora
Comunidade:
Sección:



