O Parlamento de Cataluña aprobou instar o Goberno a vincular axudas, convenios e promoción de eventos deportivos ao uso normalizado do catalán nas comunicacións oficiais e no desenvolvemento das actividades. A moción reclama tamén poñer en marcha un programa específico para fomentar a lingua no deporte, reforzar a súa presenza en clubs, federacións, medios, redes sociais e plataformas dixitais, e impulsar campañas institucionais que a presenten como elemento de convivencia e cohesión. Ademais, propón medidas para levar o catalán ás bancadas de animación, con apoio a materiais, obradoiros e cancións nos eventos deportivos.
Fonte: Plataforma per la Llengua
Comunidade:
Sección:



