Os VII Premios Mil Primaveras, organizados pola CTNL, celebrarán a súa entrega de galardóns o 13 de xuño no Salón de Actos do Pazo de Cultura de Pontevedra. Estes galardóns recoñecen accións, proxectos e programas que fomentan o uso e prestixio do galego. As catro iniciativas seleccionadas son As chaves da lingua, Comando Le, O Dépor é da Coruña e Revolta Galega, que recibirán un diploma e un trofeo artesanal.
Fonte: Premios Mil Primaveras
Sección:



